CRTVG

Buscar

A auga doce das precipitacións mata toneladas de marisco en Rianxo

Publicado o 02/02/2021 15:05

Mariscadores de a pé e en embarcación esperaban esta mañá a que o temporal lles dese unha tregua para baixar á praia de Tanxil e avaliar os danos que as continuas borrascas están a causar no marisco.

As causas de que as praias de Rianxo amencesen cubertas de marisco morto están no exceso de auga doce que deixan as continuas precipitacións das ultimas semanas.

Calculan que se perderon 5.000 quilos de marisco. Aseguran que esta situación complica unha campaña xa de por si difícil pola pandemia.

Noticias web

02/02/2021