CRTVG

Buscar

A auditoria do Deportivo di que "a viabilidade do club pasa polo regreso ao fútbol profesional"

Publicado o 27/04/2021 12:36

• Anunciouno David Villasuso, director financeiro, e engadiu que "esa viabilidade depende de que Abanca manteña o seu apoio financeiro"

 

Nove millóns de euros perdidos esta temporada, na que o ascenso non foi posible. O Deportivo terá que volver intentalo con menos orzamento. Antonio Couceiro, presidente do Deportivo: "O esforzo que se fixo esta temporada non se pode manter a que vén."

Iso si o presidente garante que Abanca seguirá sostendo o club no peor escenario, se non consegue quedar da Primeira Federación. "Trasladounos que é un proxecto a longo prazo, incluso partindo da Segunda Pro"

O propietario de Abanca, Juan Carlos Escotet, anunciou en febreiro a profesionalizacion do club xunto antes de nomear un novo Consello. Composto por cinco membros, percibirá unha remuneración máxima total de 252.000 euros ó ano, aprobados nesta Xunta de accionistas e a proposta do propio consello: "Un consello profesional implica que sexa remunerado, como o foi noutras épocas"

Abanca posúe o 75 por cento do Deportivo desde a anterior Xunta Xeral, aínda presidida por Fernando Vidal e celebrada en xullo, con pandemia pero presencial. Cento oito accionistas conectáronse á que foi a primeira asemblea telemática, a primeira tamén cun accionista maioritario no Deportivo.