CRTVG

Buscar

A Audiencia tomba a concesión de ENCE ao considerar que pode instalarse noutro lugar alternativo pero fóra da ría

Publicado o 16/07/2021 21:09

Non se fala doutra cousa en Pontevedra, a Audiencia Nacional tomba a concesión de Costas de 2016 que lle permitía a ENCE manterse en Lourizán durante 60 anos. Considera que aquela resolución non xustifica, como esixe a Lei de costas, que a factoría non poida ter outra situación alternativa pola súa natureza. Mesmo indican que pode situarse nos arredores, fóra do dominio costeiro, pero próxima a ríos ou grandes masas de auga. Desde o comité de empresa piden reactivar a mesa de traballo para salvar o emprego.

A Audiencia Nacional estimou os recursos presentados por Greenpeace e polo propio Concello de Pontevedra. Desde o consistorio falan de feito histórico e instan a traballar en busca dunha nova localización que permita manter a actividade.

Ence xa avanzou que vai esgotar todas as vías xurídicas para defender a legalidade da prórroga que se extendía desde 2033 ata 2073. Desde o Goberno sinalan que a Xunta ten que ser quen de buscar un novo emprazamento para garantir a actividade e os postos de traballo.
 

Noticias web

16/07/2021