CRTVG

Buscar

A Audiencia Provincial de Madrid mantén a imputación de Podemos no caso Neurona

Publicado o 21/01/2021 15:18
A Audiencia Provincial de Madrid mantén a imputación de Podemos no caso Neurona

Podemos seguirá imputado polo caso Neurona. A Audiencia Provincial de Madrid desestimou os recursos do partido de Pablo Iglesias, en que solicitaba a nulidade ou o arquivamento da causa que investiga un posible delito electoral no contrato de Podemos coa consultora.

O auto tamén urxe ao xuíz instrutor a determinar "con celeridade" qué delitos cabería atribuírlle á formación política.

Noticias web

21/01/2021