CRTVG

Buscar

A Audiencia provincial da Coruña declara insolvente o capitán do 'Prestige'

Publicado o 31/01/2020 12:13

A Audiencia provincial da Coruña declara insolvente a Apostolos Mangouras. O capitán do Prestige fora condenado polo Supremo como único responsable dun delito medioambiental. Era o primeiro da lista de posibles pagadores das indemnizacións da marea negra provocada hai 18 anos. O decreto di que non encontraron bens para embargarlle e fala dunha insolvencia provisional, por se nun futuro mellora a súa a fortuna. Agora, España céntrase en Londres, onde preitea por cobrar novecentos millóns da póliza do seguro.

Noticias web

31/01/2020