CRTVG

Buscar

A Audiencia Provincial da Coruña condena a 15 anos de cárcere un pai por abusar sexualmente do seu fillo

Publicado o 07/04/2021 15:22
A Audiencia Provincial da Coruña condena a 15 anos de cárcere un pai por abusar sexualmente do seu fillo

A Audiencia Provincial da Coruña condena a 15 anos de cárcere un pai por abusar sexualmente do seu fillo de xeito continuado.

Na sentenza a xuíza considera probado que o home comezou a facerlle tocamentos ao seu fillo cando só tiña 12 anos de idade, no domicilio onde vivían na Coruña. Desas primeiras agresións pasou a violar en varias ocasións o menor ata os 17 anos, momento en que o rapaz denunciou os feitos.

A sentenza tamén impón outros dez anos de liberdade vixiada. Ademais non poderá achegarse nin comunicarse coa vítima durante 24 anos, nin exercer a patria potestade sobre os seus tres fillos.

Noticias web

07/04/2021