A Audiencia Nacional xulga o conflito laboral das planta de Alu Ibérica da Coruña e Avilés
Ás portas da Audiencia Provincial da Coruña, os traballadores están pendentes da vista que se celebra en Madrid confiando en que a xustiza anule todo o proceso de venda da factoría polos reiterados incumprimentos do acordo.
Sen apenas actividade na planta e co temor de que volvan a asomarse ao abismo dos despedimentos, os traballores de Alu Ibérica da Coruña lamentan ter que defender nos xulgados os seus postos de traballo ante o engano que, din, supuxo a venda da plantas de alumnio
O presidente do comité de empresa, Juan Carlos Corbacho, mantén que "é un engano tremendo ás dúas comarcas, á da Coruña e á de Avilés, patrociado para nós pola multinacional Alcoa e sustentado polo financiamento do Ministerio de Industria que puido parar todo o proceso para que se buscase unha saída máis alá".
A vista polo conflito laboral de Alu Ibérica prodúcese nun momento especialmente controvertido, coas plantas da Coruña e Avilés intervidas xudicialmente dende comezos de maio. Trátase dun proceso xudicial paralelo en que a Audiencia Nacional investiga se os actuais propietarios están desmantelando as fábricas da Coruña e Avilés de forma fraudulenta.