CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional non considera culpable o Ministerio de Transportes do macroaccidente na A-8

Publicado o 17/03/2021 12:53
A Audiencia Nacional non considera culpable o Ministerio de Transportes do macroaccidente na A-8

A Audiencia Nacional exime o Estado de culpa no macroaccidente múltiple da A-8 causado pola néboa. Un dos reclamantes é a familia da muller falecida no 2014, que responsabilizaba o Ministerio de Transportes de escoller un trazado inseguro para a autovía do Cantábrico.

A vítima ía axudar un ferido cando foi atropelada por un camión. Houbo 39 vehículos implicados no sinistro, catro feridos graves e 27 leves. Aconteceu en pleno mes de xullo no viaduto do Fiouco e había cinco meses que se inaugurara o tramo.

Noticias web

17/03/2021