A Audiencia de Pontevedra ordena buscar ADN nos restos atopados xunto ao corpo de Déborah Fernández
Publicado o 29/07/2021 22:57

Dáse un paso máis na investigación do asasinato de Déborah Fernández. 20 anos despois do crime, a Audiencia de Pontevedra ordena buscar ADN nos restos atopados xunto ao corpo da moza viguesa. Naquela escena preparada nunha estrada do Rosal, os investigadores recolleron unha corda, pelos e flores que cubrían o cadáver. Cren os xuíces que as novas tecnoloxías poderían atopar restos biolóxicos e comparalos coa saliva dunha persoa que xa se analizou no pasado.