A Audiencia de Palma revoga os permisos de fin de semana de Urdangarin
Publicado o 01/04/2020 16:48

A Sección Primeira da Audiencia Provincial das Baleares revogou un auto do Xulgado de Vixilancia Penal número 1 de Valladolid referente a Iñaki Urdangarin e deixou sen efecto ao autorización das saídas de prisión dúas fins de semana ao mes a un domicilio fixado polo interno.
O tribunal ditou un auto no que estima un recurso interposto pola Fiscalía contra unha decisión do Xulgado de Vixilancia Penal número 1 de Valladolid que permitía a Urdangarin saír dúas fins de semana ao mes do cárcere de Brieva (Ávila), onde cumpre unha pena de 5 anos e dez meses de prisión por malversación, prevaricación, fraude á administración, dous delitos fiscais e tráfico de influencias no caso Nóos.