CRTVG

Buscar

A Audiencia de Madrid ordena reabrir a investigación sobre a presunta caixa B de Podemos

Publicado o 23/02/2021 17:14
A Audiencia de Madrid ordena reabrir a investigación sobre a presunta caixa B de Podemos

A Audiencia de Madrid ordena que se reabra a investigación sobre o financiamento irregular de Podemos. Un xulgado arquivara esa investigación por non atopar indicios de delito, pero Vox e unha asociación de xuristas recorreron ese arquivo e a Audiencia provincial dálles agora a razón. Pide que se abra de novo a investigación sobre o chamado Fondo de Solidaridade do partido, ata que se aclare se houbo unha administración desleal, como denunciou o exavogado da formación José Manuel Calvente.

Os maxistrados da Audiencia si que ven indicios do posible uso deses cartos para esquivar as limitacións da Lei de partidos.

 

Noticias web

23/02/2021