CRTVG

Buscar

A Audiencia de Madrid confirma a absolución do PP pola destrución dos ordenadores de Luis Bárcenas

Publicado o 20/07/2020 15:14

A Audiencia de Madrid confirma a absolución do PP e de tres dos seus traballadores pola destrución dos ordenadores de Luis Bárcenas.

A Audiencia desestimou os recursos presentados pola acusación popular, única que se presentou nesta causa. A Fiscalía optou por non facelo e o propio Bárcenas retirou a súa antes de que se pechase o procedemento.

A sentenza considera non acreditado que nos ordenadores houbese datos ou arquivos e tampouco que o borrado estivese relacionado coa investigación aberta sobre a contabilidade irregular do PP.

Noticias web

20/07/2020