CRTVG

Buscar

A Audiencia da Coruña ordena que se investigue por detención ilegal os dous policías que arrestaron a Álex Bergantiños

Publicado o 16/03/2021 15:03

• Nun auto dado a coñecer este mediodía, os xuíces cualifican como cuestionable a detención do capitán do Deportivo

A Audiencia da Coruña ordena que se investigue por detención ilegal os dous policías que arrestaron a  Álex Bergantiños

A Audiencia da Coruña vai investigar aos dous policías que detiveron o pasado verán a Álex Bergantiños. Segundo fontes xudiciais, existen indicios de que ambos puideron incorrer nun delito de detención ilegal tras o arresto do capitán o pasado 5 de agosto.

Nun auto dado a coñecer este mediodía, os xuíces cualifican como cuestionable a detención do capitán do Deportivo, xa que nada indicaba que o futbolista non se fose a presentar en sede policial, fiscal ou xudicial. Moito menos existía risco de fuga, polo que a detención parece unha actuación excesiva. De todo iso conclúese que "parece razoable a indagación reclamada polo futbolista en relación a unha actuación tachada repetidamente de irregular e que presenta indicios de conter marcadores de tipicidade penal (detención ilegal)".