CRTVG

Buscar

"O párkinson, moito máis que tremor", unha doenza moi recoñecida, pero descoñecida

Publicado o 20/09/2021 11:32

"O párkinson é moito máis que tremor". En España, cada día máis de 160.000 persoas levántanse con párkinson; delas, 13.000 en Galicia e máis de 1.200 só na provincia da Coruña. O párkinson é unha enfermidade moi recoñecida, pero pouco coñecida.

Así o pon de manifesto a Asociación Párkinson Galicia-Coruña, que hai 25 anos comezou o seu traballo, unha atención integral tanto para as persoas afectadas como para as súas familias.

A actriz María Pujalte amosa o seu apoio a esta asociación porque a súa familia estivo moi vencellada a esta enfermidade. Os seus pais formaron parte dela e recibiron moito apoio cando o seu proxenitor enfermou de párkinson. Manifestou que personalizan as terapias, frean o empeoramento e prestan apoio psicolóxico. Nunha entrevista que se lle realizou no informativo Bos días quixo facer unha mención especial aos coidadores destas persoas, dos que o 80 % son mulleres.

Pujalte lembrou que a Asociación Párkinson Galicia-Coruña comezou con loboterapia e fisioterapia e durante estes anos foi ampliando o espectro para ir cubrindo diferentes campos onde toda a familia está afectada.

Sinalou que coa pandemia a asociación tivo que pechar as súas portas, algo que afectou os seus usuarios. Afirmou que agora os hábitos cambiaron e que as terapias tiveron que facerse de maneira individual. 

 

Noticias web

20/09/2021