CRTVG

Buscar

A asociación Paluso solicita axuda para atender as persoas necesitadas nun local digno

Publicado o 29/03/2021 15:56

A chegada da pandemia incrementou de xeito considerable as necesidades de moita xente. Cada vez son maiores as colas da fame, algo que saben de primeira man na asociación Paluso, de Santiago de Compostela, que leva máis de 20 anos ofrecendo axuda aos máis necesitados. 

Para poder seguir axudando a xente sen recursos, unha voluntaria puxo en marcha unha campaña para recolectar donativos. Baixo o lema "Paluso necesita unha furgoneta!", desenvolveron unha campaña de crowdfunding para poder mercar un vehículo co que facer os repartos en condicións. 

Para a coordinadora da Asociación o máis importante agora é poder dispoñer dun local en condicións no que poder atender toda esa xente de forma digna e poder gardar os donativos. 

Dende a asociación anima a que todo aquel que queira se anime a colaborar e a que todos os que precisen axuda conten con eles. 

Noticias web

29/03/2021