CRTVG

Buscar

A asociación Finca Moreiras quere poñer en valor e preservar os cabalos da serra da Groba

Publicado o 27/02/2020 21:45

Vémolos tranquilos no seu hábitat na serra da Groba, mirando ao Atlántico e atravesando Oia, Baiona e O Rosal. Levan milleiros de anos vivindo aqui, un lugar tan duro como espectacular. Viven entre a rusticidade da terra e dos toxos que os alimentan, algo que fixo mesmo adaptar os seus bigotes. Chámanlles garranos, son cabalos milenarios de pura raza galega; son únicos no mundo, pero cada día son menos.

Outros perigos atopámolos na parcelación excesiva do monte ou na plantación de eucaliptos. Estes mozos, lonxe de abandonar o rural, deciden quedar e compaxinar os seus traballos para salvar unha especie que leva anos salvándonos a nós. Miles de anos limpando os montes e protexéndonos do lume. Co seu proxecto queren agora protexelos a eles.

Por iso nace Finca Moreiras, ao cabo, conclúen, temos "a sorte de contar cun dos poucos lugares de España e Europa onde ver os cabalos así". Ceibos e salvaxes, como hai milleiros de anos.


 

Noticias web

27/02/2020