CRTVG

Buscar

A Asociación Eólica de Galicia pide seguridade xurídica para o sector

Publicado o 03/10/2021 12:46

Os proxectos dos parques eólicos en Agolada e Rodeiro avanzan coa apertura do período de exposición pública. Tras a súa publicación no DOG este venres, ábrese un prazo de 30 días para achegar alegacións.

O presidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA), Manel Pazo, denuncia a "lentitude da tramitación administrativa". "Nestes momentos aquí estamos arredor de 25, 27 meses para tramitar un parque novo e é moito tempo, por que? Porque a tecnoloxía cambia, agora hai unhas máquinas e dentro de dous anos anos non valen", explica.

Por iso lles pide ás administracións "seguridade xurídica" para evitar "a fuxida de investimentos cara a outros países". "O que non se pode é cambiar as normas dun día para o outro sen consultar co sector", asegura. 

"En Galicia non se está construíndo ningún parque e todos os investimentos se desprazan a outros países (...) Falta capacidade de reacción", engade. Lembra, ademais, as posibilidades de creación de emprego do sector.

"É o futuro de Galicia, estamos falando duns 24.000 empregos, actualmente temos 7.000 e pasariamos a 24.000 tanto na enerxia eólica terrestre coma mariña", conclúe.

Noticias web

03/10/2021