A Asociación en Defensa do Patrimonio intenta recuperar o alcázar do s.III de Celanova
No concello ourensán de Celanova atopamos o único alcázar que se conserva en Galicia. A súa historia remóntase ao século III, aínda que o momento de máximo esplendor sería na Idade Media. Agora unha asociación en defensa do patrimonio intenta recuperar o pasado deste lugar para pólo novamente en valor.
Nun alto, dende o que se pode divisar todo o val do río Tuño, atopamos os restos do que noutrora foi un alcázar transformado no século XVIII en igrexa.
Este torreón, reconvertido en campanarario, é un dos poucos vestixios que quedan. Rodeando o camposanto, parte da muralla da antiga fortaleza.
Hai tres anos que esta asociación en defensa do patrimionio intenta recuperar a historia deste alcázar mergullándose en documentos, pero tamén rozando e analizando sobre o terreo os restos, con importantes achados.
Parte dunha historia aínda por descubrir que permance agochada nestes montes de Celanova. Un pasado que xente como Manuel quere recuperar para pór en valor o noso patrimonio.