CRTVG

Buscar

A Asociación de Traballadores autónomos di que o 63,1% xa están activos en Galicia

Publicado o 18/05/2020 12:38
A Asociación de Traballadores autónomos di que o 63,1% xa están activos en Galicia

Máis da metade dos autónomos, o 59 %, atópanse xa activos no conxunto do estado despois de dous meses parados pola crise do coronavirus. No caso de Galicia é o 63,1 %, segundo os datos facilitados pola Asociación de Traballadores Autónomos (ATA).

Segundo sinalou o presidente de ATA, Lorenzo Amor, hoxe incorporáronse á actividade "case a metade dos que pararan", e nese 59 % que xa están activos atópase un 22 % de autónomos que seguiran traballando durante este tempo.

Por comunidades autónomas, ATA destaca que é a Rexión de Murcia, en fase 1, onde máis autónomos retomaron a súa actividade normal ou nunca a abandonaron, con 7 de cada 10 autónomos (68,9 %), seguida de Navarra (66,9 %), Galicia (63,1 %) e Canarias (62,4%).

Por encima da media, tamén se atopan Aragón (61,4 %), País Vasco (61,1 %), Andalucía e Estremadura (ambas co 60,9 %), mentres que na media atópase Asturias (59,9 %).

A Comunidade de Madrid, na súa totalidade en fase 0 da desescalada, é na que menos autónomos declaran estar exercendo a súa actividade e son só un de cada dous os que declaran facelo.

Segundo ATA o 51,8% dos autónomos madrileños ou non interrompeu a súa actividade ou xa a retomou e o 48 % non o puido facer.

Amor destacou que esperan que "ao longo da semana a incorporación sexa maior en sectores como a hostelería na que por agora só abriron os seus negocios uno de cada cinco".

O presidente de ATA engadiu que son "conscientes de que indudablemente haberá sectores que lles será máis rendible ter pechado que aberto ante as restricións sanitarias e outros que non poidan abrir porque a súa actividade poida verse afectada aínda polas restricións".

Por sectores, a agricultura é a que ten máis actividade (88,9 %), fronte a educación (13,5 %), hostalería (22,5 %) ou actividades artísticas (24,2 %).