CRTVG

Buscar

A Asociación de Empresarios de Ocio e Espectáculos de Galicia pide a reapertura dos locais nos municipios galegos

Publicado o 06/08/2021 20:42

As asociacións de Empresarios de Ocio e Espectáculos de Galicia pídenlle á Xunta que reabra os locais de ocio nocturno en todos os municipios galegos.
Argumentan que o peche dos locais nestes momentos non ten base legal, e aseguran que contribúe á proliferación de botellóns e festas ilegais. Os empresarios do sector din que están nunha situación económica límite tras 17 meses de peches e restricións, e piden un plan urxente de futuro para garantir a viabilidade dos seus negocios.

Noticias web

06/08/2021