CRTVG

Buscar

A Asociación da Prensa da Coruña premia o 'Desmontando Galicia' dedicado á cidade

Publicado o 09/01/2020 19:22
A Asociación da Prensa da Coruña premia o 'Desmontando Galicia' dedicado á cidade

A Asociación de Prensa da Coruña acaba de concederlle o primeiro premio Cronista Emilio Quesada ao programa 'Desmontando Galicia'. En concreto, ao capítulo dedicado á cidade da Coruña.

O certame ten como obxectivo resaltar os valores históricos ou actuais da cidade, e entende o xurado que este programa o conseguiu á perfección. 

O premio, dotado con 1.000 euros, vai ser entregado o próximo día 24 de xaneiro, cadrando coa celebración do patrón dos xornalistas. A TVG vai destinar esa contía a unha institución benéfica.

'Desmontando Galicia', producido por MBC Audiovisuales para a TVG, dirixido por Marcos Barrios e presentado por Diana Nogueira, Alicia Burton e Quique Morales, pode verse actualmente na nosa web nesta ligazón