CRTVG

Buscar

A ASOBAL afástase para o Novás logo de perder co Antequera

Publicado o 08/05/2021 21:40

Na División de Honra Prata esvaécense as opcións do Acanor Novás Valinox de ascender á ASOBAL. Acaba de caer na casa ante o Balonmán Antequera por 23-24 e os do Rosal precisaban gañar por tres goles de diferenza para poñerse de segundos. Quedan a catro puntos do ascenso cando faltan tres partidos.