CRTVG

Buscar

Murcia comeza a debater a moción de censura, que previsiblemente non vai prosperar

Publicado o 17/03/2021 15:49

En Murcia comezou o debate da moción de censura presentada polo Partido Socialista e Ciudadanos, que se votará mañá.

E todo indica que non vai prosperar, tras a marcha de tres deputados do partido laranxa ao Goberno rexional do PP. O presidente da Asemblea, tamén de Ciudadanos, podería absterse, polo que os asinantes precisarían dous votos máis para sacar adiante a iniciativa contra López Miras.

As olladas estaban postas nos tres exdeputados de Vox, pero anunciaron que non vai apoiar a moción.