CRTVG

Buscar

A Arxentina pagará 430 millóns de dólares da súa débeda ao Club de París e evita a quebra

Publicado o 22/06/2021 22:26
EFE

O Goberno da Arxentina anunciou este martes que pagará ao Club de París 430 millóns de dólares para saldar parte da súa débeda co foro de 22 países acredores. O ministro de Economía arxentino, Martín Guzmán, dixo en conferencia de prensa que, grazas a un acordo co Club de París, esa suma se cancelará en varios pagamentos para facer efectivos ata o 31 de marzo de 2022.

A Arxentina debía saldar o pasado 31 de maio toda a súa débeda pendente co Club de París, por un total de 2.400 millóns de dólares, pero non fixo efectivo o pagamento e acolleuse ao prazo de graza de 60 días para regularizar os seus compromisos e evitar así ser declarada en cesamento de pagos.

Noticias web

22/06/2021