A Arxentina e Chile viven un eclipse solar total
Publicado o 14/12/2020 21:08
Seguimos coa natureza máis impresionante, desta volta, cunha eclipse total. Ocorre cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra e puidérono ver en Chile e na Arxentina.
Aínda que a xornada amanceu con nubes e mesmo chuvascos, esa mesma condición do ceo provocou que a escuridade fora maior nas vilas e cidades da contorna.