CRTVG

Buscar

A Arxentina contabiliza 11 mulleres asasinadas durante a corentena

Publicado o 02/04/2020 09:02

Na Arxentina, son xa once as mulleres vítimas da violencia machista durante a corentena decretada o 20 de marzo polo Goberno para conter a pandemia de coronavirus.

A última é unha muller de 30 anos supostamente asasinada pola súa parella na localidade de Tigre, na provincia de Bos Aires.

O agresor, de 32 anos, foi detido pola policía e trasladado a unha comisaría local.

No que vai de ano son preto de 70 as mulleres vítimas da violencia machista no país suramericano.

Noticias web

02/04/2020