CRTVG

Buscar

A Arxentina, a un paso de despenalizar o aborto

Publicado o 11/12/2020 21:09

A Praza do Congreso en Bos Aires foi testemuña durante máis de 20 horas dun debate clave para a sociedade arxentina: a legalización do aborto voluntario. Unha lei que xa foi aprobada pola Cámara de Deputados e que agora pasará ao Senado para a súa sanción definitiva.Despois dun debate maratoniano, o Congreso arxentino aprobou a lei para a interrupción voluntaria do embarazo ata a semana 14 de xestación.

"Iso é o que busca este proxecto, un Estado presente, ese Estado que estivo ausente todos estes anos e que é responsable de todas as mortes provocadas por abortos clandestinos", di Ana Carolina Gaillard, deputada da Fronte de Todos.

Esta votación foi recibida con moitísimo entusiasmo polas manifestantes da marea verde, que esperaron durante horas o resultado na Praza do Congreso. Esta lei do aborto, impulsada polo poder executivo, tamén inclúe a obxección de conciencia para os médicos, sempre e cando deriven a muller a outros profesionais. Agora a lei ten que ser ratificada polo Senado, a mesma cámara que hai dous anos rexeitou un proxecto moi similar.

 

 

 

Noticias web

11/12/2020