CRTVG

Buscar

A arte contemporánea enche os escaparates do comercio no Ensanche compostelán

Publicado o 30/12/2019 15:33

Santiago Jiménez contempla a súa intervención nun comercio da zona nova de Santiago. Este debuxante participa na terceira edición de Pasearte, unha iniciativa que enlaza a arte e o pequeno comercio cos clientes e paseantes.

Máis de sesenta artistas en cadanseu comercio dunhas 15 rúas do ensanche.

Pódense atopar esculturas de Manolo Paz e cadros de Xosé Freixanes ou Menchu Lamas. Fixéronse varias intervencións, unha delas nunha inmobiliaria.

Algunhas obras combínanse co tipo de comercio, como esta instalacion nunha óptica, as pezas de Pamen Pereira nuha librería, ou unha fotografía nunha tafona. Os que expoñen son artistas galegos e doutras partes de España que pertencen a unha das catro galerías da cidade.

Pasearte permanecera aberta nos escaparates de Santiago Centro ata a noite de Reis.

Noticias web

30/12/2019