CRTVG

Buscar

A arquitectura galega fai un oco no panorama español

Publicado o 04/10/2021 22:02

Un patrimonio cultural que vemos a través de fiestras, ventás, liñas, deseños e, en definitiva, arquitectura. Un patrimonio co que cómpre familiarizármonos desde ben axiña. No Día Mundial da Arquitectura, os pequenos de Lugo coñécena a través do xogo.

Da man dos que agora comezan empréndese un futuro que arquitectonicamente falando pasa en Galicia por varias intervencións. Este ano o lema do Día Mundial da Arquitectura é "Agora facémolo posible". E traballan os arquitectos galegos para colocar a arquitectura do país dentro do panorama español. Abramos ben os ollos porque mentres camiñamos as súas obras melloran os nosos espazos cotiáns.


 

Noticias web

04/10/2021