CRTVG

Buscar

A área Santiago-A Barbanza notifica 100 positivos, os mellores datos de Galicia

Publicado o 22/06/2021 14:18

Con 100 contaxios, a área sanitaria Santiago- A Barbanza é a que mellor está de toda Galicia. Trátase do mellor dato rexistrado desde o pasado 19 de agosto.

"Creo que temos feiro unha boa labor, tamén tivemos unha aprendizaxe a hora de controlar os casos e actuar con cribados onde ceremos que pode haber un risco de transmisióm. Na zona da Barbanza puxemos un cribado de barcos arrastreiros e se fai pcr a volta e tamén a vacinacion de mariñeiros", di Cristina Fernández, xefa de Medicina Preventiva do CHUS.

Factores aos que se suma o bo ritmo de vacinación. Uns bos datos enturbados soamente polo feito de que dos 5 positivos detectados onte na área sanitaria, 4 son menores de 30 anos.

"Son un 80 % dos novos casos detectados", di Cristina Fernández, xefa de Medicina Preventiva do CHUS.

Unha situación que esperan reverter co inicio da vacinación do grupo de idade de 30 a 39 anos programado para principios de xullo e sobre todo mantendo as actitudes responsables como a distancia social e o uso de máscara nos interiores.

Noticias web

22/06/2021