CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Santiago é a que rexistra unha maior incidencia en Galicia

Publicado o 28/12/2020 16:07

A cidade galega que máis preocupa é a de Santiago. Hoxe baixaron lixeiramente os casos activos, pero segue a ser a máis afectada de Galicia.

Na cidade compostelá baixou por terceiro día consecutivo o número de casos activos, aínda que segue a ser a que rexistra unha maior incidencia en Galicia. No municipio, o número de novos casos diagnosticados é de 201 nos últimos 14 días.

O comité clínico terá hoxe en conta estes datos para ver se mantén as restricións ou se as modifica.

 

Noticias web

28/12/2020