CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Ourense rexistra tres novos gromos con 13 casos activos

Publicado o 02/09/2020 18:57

Son na propia cidade de Ourense, en Cea e Riós

A área sanitaria de Ourense rexistra tres novos gromos con 13 casos activos

As autoridades sanitarias informaron este mércores de tres novos gromos detectados na provincia de Ourense e que suman 13 casos activos da Covid-19. En concreto, segundo informaron fontes da área sanitaria, detectouse un novo gromo no Concello de Ourense que afecta catro homes de 30 e 31 anos, todos eles xa en illamento.

Ademais, no municipio de Cea hai un novo brote familiar con seis positivos: dous homes de 34 e 56 anos, tres mulleres de 33, 35 e 56 e un menor. Finalmente, en Riós tamén hai un novo gromo familiar que, polo momento, afecta catro persoas: tres mulleres de 77, 44 e 74 anos e un home de 80 anos.

Noticias web

02/09/2020