CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Ourense remata este mércores coa vacinación masiva entre as persoas de 70 a 79 anos

Publicado o 27/04/2021 21:28

Así van rematando a vacinación masiva en Expourense entre a poboación de 70 a 79 anos. 5.400 persoas están citadas na área sanitaria de Ourense.

Malia algún temor, había moitas ganas de recibir a primeira dose da vacina entre os maiores de 70.

Acabar coas máscaras e coa pandemia é o maior desexo, para recuperaren o contacto coa familia e as amizades.

Se se mantén este ritmo de vacinación, desde a xerencia da área sanitaria de Ourense a expectativa é cumprir co obxectivo de chegar ao verán cun 60-70% da poboación vacinada.

Noticias web

27/04/2021