CRTVG

Buscar

A área sanitaria da Coruña contabiliza 4.405 casos activos, 185 menos ca onte

Publicado o 13/02/2021 14:26

En total, hai duascentas setenta persoas con coronavirus ingresadas nos centros hospitalarios da área coruñesa. Delas, setenta e dúas están nas unidades de coidados intensivos. Aquí, a tendencia á baixa dos contaxios empeza a notarse levemente. Non hai que baixar a garda. Teno claro a maioría da poboación.

Na área sanitaria da Coruña-Cee hai ao redor de 4.400 pacientes con infección activa. Son case douscentos menos ca o venres. A cifra de contaxios diarios descende en practicamente todos os municipios. Tamén en Betanzos, onde a incidencia acumulada aínda segue por riba dos mil casos por cada cen mil habitantes.

Igualmente, a evolución é boa en Cambre e Culleredo, onde o luns conclúe o cribado para os máis de 30.000 veciños de entre 18 e 60 anos. A participación supera o sesenta e cinco por cento. Continúan os cribados na Coruña e en Sada con probas de antíxenos que buscan detectar casos positivos asintomáticos.

 

Noticias web

13/02/2021