CRTVG

Buscar

A área sanitaria da Coruña-Cee é a que rexistra unha maior baixada dos casos activos, con 259 menos

Publicado o 14/02/2021 15:23

Agás no relativo aos ingresos nas UCI, os datos seguen mellorando no conxunto de Galicia. Por áreas sanitarias, a maior baixada de todas é a que protagoniza a da Coruña-Cee. 

Segundo os datos deste domingo, esta área sanitaria ten 259 casos activos menos. Hai unha semana tiña máis de 5.300 casos, e hoxe non chega a 4.200. E a cifra de novos contaxios tamén ten unha baixada considerable. Son nesta xornada 76. 

Hai, iso si, máis hospitalizados: 276, seis máis ca onte. Dos últimos falecidos notificados ningún pertencía a esta área sanitaria. 

 

 

Noticias web

14/02/2021