A área de Vigo alcanza a cifra de casos activos máis alta da primavera
Publicado o 22/04/2021 16:12
Vigo é a área coa situación máis complicada netes momento. Acada a cifra máis alta de casos do que levamos de primavera.
Hoxe hai 789 casos activos nesta área sanitaria. É a cifra máis alta dende o pasado 1 de marzo. A incidencia leva un mes subindo de forma constante.
Nas últimas 24 horas detectáronse 87 casos novos. Tamén aumenta o número de persoas hospitalizadas, son 4 máis que onte. Hai 33 pacientes en planta e 8 nas unidades de coidados intensivos dos hospitais vigueses.