CRTVG

Buscar

A área de Pontevedra aumenta casos activos, mentres que o global galego segue baixando

Publicado o 28/09/2021 10:46

• Descenden os novos casos detectados por probas diagnósticas (-3)

• Aumentan as persoas hospitalizadas en planta, pero descenden en UCI

A área de Pontevedra aumenta casos activos, mentres que o global galego segue baixando

Os casos activos seguen baixando en Galicia (-47) e xa están por debaixo dos 1.200. En concreto, hai 1.160 persoas con coronavirus.

En canto aos casos detectados por PCR, diminúen con respecto ao día anterior (-3). En total, hai 30 novos casos positivos.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 241 (-1)

A Coruña: 260 (-17)

Pontevedra: 85 (+3)

Santiago: 139 (-15)

Ourense: 190 (-7)

Lugo: 217 (-9)

Ferrol: 28 (-1)

Pola súa parte, a ocupación hospitalaria mantense coa mesma cantidade de persoas ingresadas que na xornada de onte (58), pero varía en UCI e en planta: hai 16 persoas en coidados intensivos (-1) e 42 en planta (+1). Con todo, o Sergas notificou cinco falecementos por coronavirus, alzando a cifra aos 2.634 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapa de incidencia por concellos