CRTVG

Buscar

A área de Ourense supera os 1.000 casos activos tras engadir 91 máis

Publicado o 05/10/2020 12:22

• Continúa a tendencia á alza na provincia, que adianta claramente A Coruña como zona máis afectada polo coronavirus | Primeiro día laboral con restricións extraordinarias na cidade

• Galicia suma 254 novos contaxios nas últimas 24 horas

 

A área de Ourense supera os 1.000 casos activos tras engadir 91 máis

Galicia contabiliza hoxe 4.101 casos de coronavirus. Son 63 máis ca o domingo. Con todo, é a área de Ourense a que rexistra a suba máis importante: 91 casos máis en 24 horas. O resto das áreas practicamente non teñen variacións agás Vigo, que rexistra un importante descenso.

 

Hospitalizacións e falecementos

En canto ás hospitalizacións, hai que engadir un paciente máis na UCI, onde hai actualmente 37 persoas ingresadas. En planta súmanse 12 doentes máis ata alcanzar a cifra total de 204 pacientes.

Un total de 757 persoas morreron polo coronavirus en Galicia desde o inicio da pandemia, e 138 desas persoas faleceron nesta segunda vaga.

Outras 189 persoas recibiron a alta, polo que o número total de curados supera por primeira vez os 20.000. Nas últimas horas fixéronse máis de 6.000 PCR en toda Galicia.