CRTVG

Buscar

A área da Coruña e Cee suma máis de 300 contaxios e segue por riba dos 4.500 casos activos

Publicado o 07/08/2021 14:47

Este sábado Sada, Betanzos, A Laracha e Cee soben ao nivel de restricións alto e incorpóranse á listaxe na que xa estaban Fisterra, Carballo e A Coruña co resto da súa área metropolitana. Entre os once concellos en risco alto superan os catrocentos cincuenta mil habitantes, ao redor 80% de toda a poboación da área sanitaria da Coruña e Cee, onde xa se producen catro de cada dez infeccións novas do total galego.

A cidade da Coruña rexistra máis de dousmil casos activos. Son as Festas de María Pita e a afluencia de turistas déixase sentir, sobre todo no centro. As restricións limitan a maneira en que os visitantes descobren a cidade, pero non os disuaden.

A área sanitaria da Coruña e Cee contabiliza máis de 4.500 casos activos. Hai 83 persoas ingresadas nos hospitais, dezaseis delas nas unidades de críticos. O proxecto CovidBens detectou unha redución da carga viral nas augas residuais da Coruña que prognostica unha melloría da situación nas próximas semanas.

Noticias web

07/08/2021