CRTVG

Buscar

A área da Coruña baixa dos 700 casos activos por primeira vez dende agosto

Publicado o 05/04/2021 16:23

Parámonos agora na área sanitaria da Coruña e Cee. Pese a que segue a ser a máis afectada en termos absolutos, o certo é que mellora paseniñamente. Por primeira vez desde agosto do ano pasado baixa dos 700 casos activos. Concretamente 695, once menos ca na xornada de onte.

Melloran tamén os datos das hospitalizacións. Logo de tres días subindo, hoxe a cifra de ingresados mantense en 82 e mesmo hai unha persoa menos nas unidades de coidados intensivos que queda con 14 pacientes. 

Esta área sanitaria rexistra ademais o nivel máis baixo de positividade nas probas realizadas nas últimas horas: tan só un 1,8 por cento. Malia todo, hai que lembrar que A Coruña-Cee acumula a metade de doentes críticos de Galicia e unha terceira parte das persoas hospitalizadas por covid. Ademais, notificou tres falecementos.

Noticias web

05/04/2021