CRTVG

Buscar

A aplicación de vacinas na infancia é un tema obxecto de debate da xente escéptica

Publicado o 16/03/2019 13:40

Por primeira vez os nenos galegos de entre 0 e 3 anos que queiran matricularse nunha escola infantil pública terán que ter todas as vacinas ao día. Onte publicouse no DOG a disposición de apertura da matrícula para os centros da rede Galiña Azul, na que se inclúe este novo requisito, que tamén lles afectará ás garderías con prazas concertadas.

Esta é a cara dunha realidade que ten a súa cruz no movemento antivacina, cada vez máis presente nalgúns países. De feito, a OMS sinalounos como un dos principais retos para os países europeos neste 2019. Para afondar neste tema temos a Vicente Prieto, presidente do Círculo Escéptico, unha asociación que loita contra esta e outras crenzas presentes na sociedade e que prexudican a nosa saúde..

Noticias web

16/03/2019