CRTVG

Buscar

A apertura entre comunidades autónomas trae os primeiros visitantes a Galicia

Publicado o 22/06/2020 14:37

Xa non hai restricións á mobilidade, agás con Portugal, e iso nótase nas principais entradas a Galicia, aínda que o volume de tráfico é inferior ao habitual.

Chega á nosa comunidade desde... "Madrid, Guadalaxara...". A costa é o principal destino. Moitos xa ocuparon as segundas residencias.

A seguridade tamén é o que valoran aqueles que decidiron optar pola aldea.

En zonas como a Ribeira Sacra, a apertura entre comunidades multiplicou as chamadas de turistas.

A maior vaga de chegada de visitantes agárdase para os meses de xullo e agosto.

 

Noticias web

22/06/2020