A apertura do auditorio de Lugo podería atrasarse de novo por unha disputa entre o Concello e a Xunta
A apertura do novo auditorio de Lugo podería atrasarse de novo. A Xunta di que a instalación xa está rematada e equipada, pero o Concello pídelle antes de recibir a obra que incorpore ao proxecto as modificacións técnicas que se fixeron no equipamento.
Lara Méndez, alcaldesa de Lugo: "Que as cuestións técnicas teñen que resolverse e aclararse o antes posible para que os lucenses poidamos recepcionar o auditorio".
Para os seus socios de Goberno, encargados de xestionar a área de cultura, di que un trámite a solucionar polos técnicos e que o auditorio debe abrirse o antes posible.
Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa: "Nós dende a área de Cultura estamos desexando que se poida programar canto antes".
A Xunta defende que non se alterou o proxecto e que o único que queda pendente é a alta na instalación eléctrica.
José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta: "A recepción, por parte da Xunta de Galicia, se non hai ningun atranco ou bloqueo, antes de final de ano".
A obra civil do auditorio rematou hai dous anos. A Xunta investiu 22 millóns de euros na súa construción e adiantou os 2.700.000 do seu equipamento.