CRTVG

Buscar

A ansiedade pola covid aumenta o insomnio entre a poboación

Publicado o 24/11/2020 14:54

A pandemia estase a revelar como unha grande inimiga do sono. Os enfermos de coronavirus padecen alteracións no descanso durante e despois da infección, pero non son os únicos. Estarei contaxiado? Vannos confinar de novo? A pandemia sumou novas preguntas que consultarlle á almofada, alterando notablemente a calidade do sono da cidadanía.

Nas farmacias tamén o notan. Aumentaron as vendas dos produtos sen receita cos que tentar conciliar o sono.

Mención á parte ten o sono dos que padecen a covid. O virus altera gravemente o seu descanso, non só durante a infección, tamén despois de superala, pero por un tempo limitado.

A falta de descanso pode ter efectos graves na saúde, cómpre pedir axuda se o problema persiste, porque o sono é todo un seguro de vida.

Noticias web

24/11/2020