CRTVG

Buscar

A ampliación de horarios volve enfrontar os policías locais coa alcaldesa de Lugo

Publicado o 29/03/2019 16:46

A ampliación de horarios é o novo motivo de enfrontamento entre policías locais e o Goberno municipal de Lugo. Onte o grupo socialista apoiaba unha iniciativa de Ciudadanos para que os axentes que traballan a quendas suban de 26 a 37 horas e media semanais. Os afectados, e tamén o PP, din que legalmente non debe ser así.

Acusacións cruzadas, xuntanzas tensas e agora discusión polos horarios. A polémica da Policía Local en recoLugo vive un novo episodido logo de que o pleno aprobase unha iniciativa de Ciudadanos, co apoio do Goberno local, para que a xornada dos axentes que traballan a quendas suba de 26 a 37 horas e media. O argumento, que esa é a xornada de todos os funcionarios. Pero axentes afectados e tamén o PP din que este aumento incumpriría a normativa relativa aos servizos especiais.

Manuel Cerdeira, Csif-Policía Local de Lugo: "Pensamos que é unha ocorrencia simplemente. Non ten ningún percorrido, porque hai unha diretiva europea que establece uns índices correctores, e nós cumprimos escrupulosamente o horario anual que temos establecido"

A nova polémica chega xusto antes de que o luns se poña en marcha a reorganización da policía promovida por Lara Méndez, e que Csif, o sindicato maioritario neste corpo, xa estuda recorrer.

Noticias web

29/03/2019