CRTVG

Buscar

A ampliación ata 2022 do Ano Santo abre a porta da recuperación tras a pandemia

Publicado o 01/01/2021 14:30

Na cerimonia de apertura do Ano Santo saltaba a noticia Un ano máis de Xacobeo ante as dificultades para chegar nestes primeiros meses e para evitar aglomeracións no treito final.

Tras recibir a nova o arcebispo compostelá, Julián Barrio, expresou o seu agradecemento. E tamén o presidente da Xunta. Asegurou que é unha gran noticia despois dun ano moi duro. E que superou as expectativas máis optimistas do goberno galego ao incluir todo o 2022.

Moita satisfacción tamén entre os sectores máis afectados pola pandemia que confían nunha reactivación nos 24 meses que teñen por diante.

Será a segunda vez na historia que se prolonga o Ano Santo. A anterior foi en 1937, en plena Guerra Civil.

Noticias web

01/01/2021