CRTVG

Buscar

A ameaza dun desafiuzamento pesa sobre a Sociedade Recreativa A Gaiteira, da Coruña

Publicado o 22/07/2021 15:31

Constituída polos veciños hai xa 64 anos, a Sociedade Recreativa A Gaiteira podería ter as horas contadas. Sobre ela pesa unha orde de desafiuzamento por non pagar o alugueiro da súa sede.

Adebédanlle ao propietario cinco mil euros que terán que conseguir antes das nove da mañá deste venres se non queren quedar sen o local.

Para intentar gañar tempo, convocaron unha concentración ás oito desta tarde.

Desde o Concello explican que sobre esta entidade pesa unha elevada débeda, desde hai anos, coa Deputación Provincial, así que nin poden actuar nin teñen responsabilidade.

Noticias web

22/07/2021