A alza do prezo das materias primas encarace xa a cesta da compra
O incremento da luz e dos combustibles, unido a moitas materias primas disparadas no mercado internacional, provocan unha fervenza de suba de prezos en moitos dos produtos básicos da compra diaria como pode ser o aceite, a froita fresca, os ovos ou a carne de ave. Un incremento de prezos que provoca as queixas dos consumidores. E todo, din os expertos, ás portas do outono, cando haberá que botar man das calefaccións. Nestas circunstancias, as asociacións de consumidores din que haberá máis familias con dificultades para chegar a fin de mes.
As asociacións de consumidores prevén meses complicados para as familias máis vulnerables. Coa chegada do frío haberá que prender as calefaccións, co que se agarda unha maior demanda do bono social.
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, o prezo do carro da compra encareceu en case un 2 % desde o inicio da pandemia. Galicia sitúase con Cantabria e Navarra entre as comunidades que rexistraron un maior incremento.