CRTVG

Buscar

A aldea máis cinematográfica de Galicia celebra a segunda xornada do Festival de Cans

Publicado o 02/09/2021 21:50

Na aldea máis cinematográfica de Galicia, o Festival de Cans celebra hoxe a súa segunda xornada. A xornada contará con dous documentais moi agardados polo público, xa que están protagonizados por Xosé Manuel Beiras e polo historiador Ian Gibson. Os dous protagonistas achegáronse ata o festival para compartir opinións e experiencias.

Hoxe, ademais de cine houbo tempo en Cans para falar de literatura, música e para a procesión dos chimpibuses.  A aldea de Cans ten moito que celebrar porque o seu festival resiste a pandemia e volve ser escaparate internacional para o audiovisual galego.

Jorge Coira, Premio Pedigree deste ano, presentou 'Beiras, vivir dúas veces'. Un documental co político e economista galego tras horas de conversas. O outro protagonista do día foi o historiador Ian Gibson, que presentou en Cans 'Donde acaba la memoria', un documental con sete anos de traballo ás costas.

Mañá esta aldea continuará cedendo con limitacións os seus alpendres, leiras e espazos ao cinema e a estes encontros inesquecibles.

 

 

Noticias web

02/09/2021