CRTVG

Buscar

A AIReF advírtelle ao Goberno do risco de que Plus Ultra non devolva o rescate

Publicado o 13/05/2021 14:48
A AIReF advírtelle ao Goberno do risco de que Plus Ultra non devolva o rescate

O Goberno inxectou en Plus Ultra un seis por cento máis do que solicitaba a aeroliña, segundo o xornal El Mundo. A compañía pediu 50 millóns do Fondo de Apoio á Solvencia de Empresas Estratéxicas, pero a SEPI concedeulle finalmente 53. Na causa que investiga o rescate, a xuíza autoriza que o PP se presente contra os responsables deste organismo. Mentres, a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal advírtelle ao executivo do risco de que Plus Ultra non devolva a axuda. A AIReF reprocha que as previsións macroeconómicas do Goberno non contemplen a posibilidade de que a aeroliña acabe sendo insolvente.
 

Noticias web

13/05/2021